Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019.- O 2 de decembro de 2014 presentouse nun acto na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo a fase aberta do dominio .GAL. Aquel acto significou o lanzamento da fase final do dominio, na que xa calquera persoa a título individual ou as entidades e empresas podían adquirir dominios de forma libre. Foi a conclusión dun longo proceso que se iniciara coa constitución da entidade xestora do dominio no ano 2006. Hoxe PuntoGal conta con máis de 5.100 dominios rexistrados e un programa corporativo en crecemento para apoiar iniciativas nos ámbitos da cultura, a lingua e as TIC en Galicia.

Unha desas iniciativas é o patrocinio dos premios Paraugas de marketing que organiza cada ano o Clúster da Comunicación de Galicia. A súa gala de entrega celébrase este mesmo venres pola tarde en Ourense e PuntoGal estará alí dándolle nome aos galardóns das categorías de márketing dixital.

Para celebrar o aniversario, o domino lanza unha campaña entre os días 1 e 10 de decembro. Durante ese período, e nos rexistradores acollidos á promoción, o prezo máximo da compra dun dominio será de 10 euros + IVE. Os rexistradores que colaboran na promoción son Core, CdMon, Dinahosting, Don Dominio, Nominalia, Hosting Concepts Openprovider y Ovh.com. Para máis información, é necesario consultar a páxina http://dominio.gal/promocions/.