A Xunta presenta o seu fondo editorial na Libraría Institucional de Galicia

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e maila directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Mar Pereira, presentaron a Libraría Institucional de Galicia.
Nesta plataforma electrónica estarán dispoñibles todas as publicacións da Administración autonómica. A través do enderezo http://libraria.xunta.gal poderanse consultar os contidos e servizos, sendo tamén unha plataforma de comercialización e distribución dos fondos. Mar Pereira, destacou que a libraria. xunta.gal  é unha das pezas da estratexia global da Xunta para a dixitalización, catalogación, promoción e difusión do contido e patrimonio cultural galego.