Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019.- Os dominios culturais, lingüísticos e xeográficos manterán, por primeira vez, unha das súas reunións en Santiago de Compostela. O encontro, organizado por PuntoGal, terá lugar esta semana, os días 12 e 13 de setembro, no Centro Social Abanca.

Os dominios, agrupados na organización Geotlds, da que forma parte PuntoGal, dedicarán as sesións de traballo a profundizar en temas relacionados coa gobernanza da rede, protección de datos, marketing e outras cuestións técnicas e organizativas. No marco das actividades deste encontro, haberá unha recepción oficial no Concello de Santiago para os participantes.

Trátase da primeira vez que Santiago de Compostela acolle a xuntanza desta organización, da que PuntoGal forma parte dende o ano 2017. O grupo dos GeoTlds (geotld.group) é unha organización internacional sen ánimo de grupo que representa os intereses dos dominios de primeiro nivel que identifican a unha cidade, rexión, lingua ou cultura. Entre outros moitos, forman parte da entidade .berlin, .scott, .paris, .eus , .alsace, .cat, .bzh ou .madrid.

PuntoGal aproveitará a xuntanza, ademais, para manter reunións sectoriais con representantes de distintos dominios para poñer en común experiencias e preparar outras actividades para os vindeiros meses.

O grupo traballa para desenvolver o potencial dos geoTLDs en beneficio das súas cidades, comunidades, culturas e linguas, unha maneira de comunicar quen somos, onde vivimos e onde pertencemos. Igualmente, esta entidade forma parte do ecosistema de Icann, o organismo que xestiona a rede a nivel global, onde traballa en distintos proxectos e fai visible este tipo de dominios na comunidade internacional.