Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016.-  A promoción coa que PuntoGal celebra o mes das Letras Galegas e o día de Internet chega ó seu fin. Mañá, día 31, é o derradeiro día para obter un .gal por un prezo máximo de 20 euros + IVE nas empresas rexistradoras sumadas a esta acción. A rebaixa, de máis dun 60% sobre o prezo habitual, pode consultarse en www.dominio.gal/promotion/este-mes-dominio-bo-tempo/

Para poder utilizar a promoción, os interesados deben dirixirse ós seguintes rexistradores: Dinahosting, 101Domain, Entorno Digital, Soluciones Corporativas IP, CDMon, Nominalia, 1&1 Internet, Arsys e Host Europe. As distintas políticas de prezos que ofrecen os rexistradores durante este periodo fará posible atopar dominios dende 18,95€ ata os 20€ máis IVE, polo que PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas dos participantes na promoción para atopar a mellor oferta e servizo que se adapte ás súas necesidades. Este ano, esta promoción afecta tanto aos rexistros novos como ás renovacións de dominio e supón pagar menos da terceira parte do prezo habitual.

PuntoGal agradece, como sempre, o apoio da sociedade galega a este proxecto común. O dominio é voso.