PuntoGal celebra o mes das Letras baixando o prezo dos dominios

 PuntoGal, o dominio galego na internet, celebra este ano o Día das Letras Galegas e o Día das Telecomunicacións e Internet cunha rebaixa no prezo de máis dun 50%.
Nos rexistradores sumados a esta acción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo de 20 a 25 euros máis IVE ata o día 31 deste mes. O dominio, que cumpre agora un ano dende o arranque da primeira web http://www.dominio.gal/, está a piques de alcanzar os dous mil rexistros, entre os que figuran institucións, entidades sen ánimo de  lucro, empresas e particulares. Todas as páxinas activadas deben ter, canto menos, unha parte dos seus contidos na nosa lingua. Máis información en www.dominio.gal/promomaio