M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

Black Friday ao Cyber Monday
25/08/18
Do Black Friday ao Cyber Monday: dominios .gal a só 5€+IVE

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018.- PuntoGal, o dominio galego en internet, lanza unha promoción especial de venta de dominios a só 5 euros + IVE que terá lugar entre o Black Friday, o 23 de novembro, e o Cyber Monday, o 26 de novembro. Esta oferta para novos rexistros faise con motivo da Mobile Week Coruña que comeza hoxe, e que conta co apoio de PuntoGal.

A Mobile Week Coruña, www.mobileweekcoruña.gal, é un evento global a pé de rúa impulsado pola Mobile Week Barcelona, que reúne a xente de tódolos sectores e ten como obxectivo principal achegar a tecnoloxía dixital á cidadanía a través de actividades gratuítas e abertas ó público. O evento terá lugar entre o 21 ó 28 de novembro, ámbolos dous incluídos,  na Coruña e nas poboacións veciñas. O venres día 23 de novembro, Edita de Lorenzo, vicedecana do COETG, vicepresidenta da AETG e secretaria da Asociación PuntoGal, participará na mesa de debate Revolución Dixital no Traballo, que se celebrará en Expocoruña de 11 a 13 horas.

Na web dominio.gal/promotion/black-friday está toda a información e un resumo das ofertas das diferentes empresas rexistradoras.  Nesta ocasión participan Dinahosting, CoreHub, ComLaude e Arsys.

PuntoGal, que conta a día de hoxe con máis de 4.850 dominios, espera finalizar o ano perto dos 5000 rexistros. Ademais, o dominio terá presenza no mes de decembro na feira das Industrias Culturais, Culturgal, en Pontevedra, onde terá stand propio por cuarto ano consecutivo.

PuntoGal agradece, como sempre, o apoio da sociedade galega a este proxecto. O dominio é voso.

Compartir

Compartir