A Coruña, 15 de abril de 2020.- Os dominios de Internet son unha serie de números ou letras que son usados no lugar dun enderezo único de Protocolo de Internet (IP address) dun ordenador. O enderezo IP é unha serie de números, que funciona como un enderezo físico ou un número de teléfono, xa que distingue un ordenador dentro dunha rede que sería a Internet. Os números asignados a cada IP son únicos e fai posible a comunicación dentro da rede da Internet.

Memorizar o número é complicado, aquí é onde entra o DNS ou Sistema de Nomes de Dominio, que é o que fai posible que asociemos eses números a un nome de dominio determinado, unha serie de letras.

Dentro dos dominios temos varios niveis, os de primeiro nivel (Top-Level) que serían os que van ao final do nome, precedidos por un punto, no noso caso “.gal”. O segundo nivel sería o nome do dominio, así temos como exemplo “exemplo.gal” onde “exemplo” sería o nome do dominio de segundo nivel (SLD). Un dominio pode ter ata 128 niveis, separados entre eles por puntos.

Na creación das normas de uso dun dominio interveñen tres partes, a primeira é a ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) que é a que crea as normas de creación, eliminación e edición dun dominio de primeiro nivel. No caso do .gal a segunda sería a PuntoGal ou rexistro, que é a que opera con “.gal” establece as normas para o rexistro dos nomes de dominio cun “.gal” a través dunha política de rexistro. E a terceira parte serían os rexistradores, que son organizacións que teñen un RAA coa ICANNpara ser rexistradores acreditados, que rexistra “exemplo.gal” establece as regalas baixo ese nome de dominio e así póden crear outras extensións como “mail.exemplo.gal”.

Ter un nome de dominio non significa ter unha web, o dominio é o que nos permite chegar a unha web polo que hai que implementar servizos como o hosting ou o correo para facer a túa presenza na Internet coñecida polo teu nome de dominio. Facer unha web funcional e accesible. O hosting ou aloxamento web, é un servizo que ofrece o sistema de almacenamento dos datos ou contidos dunha web. O almacenamento faise en servidores informáticos que soen ofertar certas compañías.

O rexistro ten unha serie de dereitos e responsabilidades. Así é que ten dereito a acceder a información do rexistrante: o rexistro, xestión, transferencia, renovación e restauración. En canto ás responsabilidades están a de dar información veraz sobre o rexistro, notificar ao rexistrante os cambios nos datos de contacto, dar resposta a cuestións sobre o rexistro de dominios e renovar o rexistro de nome de dominio anualmente.

Páxinas de Interese:

https://www.icann.org/

https://www.internic.net/regist.html

https://gl.wikipedia.org/wiki/Aloxamento_web