Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2016.-PuntoGal estará por terceiro ano na Culturgal  a Feira das Industrias Culturais, que ten lugar do 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A asociación ocupará o stand 53, onde ofrecerá información sobre o dominio .gal e as actividades levadas a cabo pola Asociación durante este ano 2016. O lema elixido para esta ocasión é Subas ou baixes podes ter o teu dominio, cun deseño especialmente creado para a ocasión.

Con motivo da celebración, o dous de decembro, do segundo aniversario do inicio da venta ó público de dominios .gal, a entidade realizará varias actividades. A primeira delas será o propio venres día 2 ás 19.45 horas. No Espazo Foro e coa colaboración de Gadis, Puntogal sorteará dez dominios entre os expositores de Culturgal.

Dende ese día, e durante toda a feira, a Asociación agasallará ós visitantes con descontos na compra de dominios. Todas as persoas que visiten o stand 53 recibirán unha tarxeta desconto coa que se pode rexistrar un .gal a un prezo máximo de 15€+IVE, o que supón unha rebaixa de mais do 70% sobre o prezo habitual. As empresas rexistradoras que colaboran nesta promoción son CdMon , Dinahosting e Entorno Digital.  A oferta será válida por 60 días.

Agardámosvos no Culturgal.