29 de outubro de 2019.- Hai hoxe 50 anos a primeira mensaxe foi enviada dende un ordenador do laboratorio da Universidade de California. O 29 de outubro de 1969, unha mensaxe que contiña un simple “LO” foi enviada do ordenador da universidade de UCLA SDS Sigma 7 a outro programador. A intención era enviar a palabra “LOGIN” pero por un erro na transmisión so se puideron transmitir o “L” e o “O”, así que a primeira mensaxe na Internet foi un “LO” e tardaron unha hora en conseguir o “login”. Pódese visitar a páxina co rexistro desta mensaxe aquí.

O equipo estaba liderado polo profesor Leonard Kleinrock e a mensaxe foi transmitida a través do ARPANET (Advanced Research Projects Agency Network) entre o UCLA e o Standford Reserach Institute. Esta primeira mensaxe está considerada como un fito na historia da Internet, xa que crearon con éxito a primeira conexión en rede, dúas máquinas unidas de forma virtual.

A ICANN para celebralo, mostrará nas súas redes sociais como evolucionou a Internet durante estes 50 anos e falará con algúns dos pioneiros que construíron a Internet tal como a coñecemos hoxe en día.

Fontes

https://www.lk.cs.ucla.edu/internet_first_words.html#prclt-9kX1dCRG

https://100.ucla.edu/timeline/the-internets-first-message-sent-from-ucla

https://www.icann.org/news