Santiago de Compostela, 29 de maio de 2020.– O mundo dos dominios non escapa á influencia da COVID-19. Polo que reportan algúns dos rexistradores e revendedores, no momento no que empezou o confinamento empezou unha subida nas vendas de nomes relacionados co coroavirus, agrupadas sobre todo en TLDs coma o .info, que rexistrou case 5000 nomes deste tipo no que vai de ano. Unha quinta peste deles inclúe algunha referencia xeográfica particular, ao estilo de coronaviruspakistan.info.

É bastante significativo que moitos deses nomes teñen todas as características das webs plenamente lexítimas, sen espazo para a especulación ou a divulgación de bulos: un 80% deles non se rexistran como parte dunha compra conxunta de dominios, senon que son o único nome que pide o comprador. Tamén é unha boa nova o feito de que o abuso é case inexistente: non chega a 0,5% dos casos e se localiza de xeito bastante rápido.

Estas e outras informacións interesantes sobre o reflexo da necesidade de información sobre a pandemia e o seu reflexo na rede se poden atopar neste interesantísimo artigo de Ram Mohan, CEO de afilias.info.