M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

30/07/20
Foro Virtual da ICANN68

Debido a situación mundial por causa da crise da pandemia do Covid-19, moitos actos e reunións tiveron que ser trasladados a medios virtuais. Así foi tamén coa ICANN68 Meeting, que tería que terse realizado en Kuala Lumpur (Malaisia), reunión anual do organismo que regula a internet mundial, que tivo que realizarse online con participación unicamente a distancia.

A reunión virtual levou 11 horas de sesións sobre temas de interese e outras 6 horas a temas de discusión da GAC (Comité Asesor Gobernamental)

Nesta reunión falouse das diferentes políticas que regulan a Internet Global e como actuar perante a nova situación.

En cada reunión pública da ICANN, o Comité Asesor Gobernamental redacta un comunicado onde informa sobre os debates do foro virtual. Na deste ano, incluíronse Procedementos Posteriores a introdución de novos Dominios Xenéricos de Primeiro Nivel (gTLD), abuso no Sistema de Nomes de Dominio, Whois e protección de datos, así como outros temas do sistema organizativo do grupo.

Entre as actividades realizadas durante a xornada, houbo unha reunión da Xunta Directiva da ICANN onde se falaron entre outras cousas dos novos gTLD, o uso indebido do DNS, bases de datos, entre outros temas. O Comité Asesor Gobernamental presentou un comunicado onde presenta os temas tratados durante a ICANN68.

Algo a ter en conta é a relación da ICANN coa situación da Covid e a súa decisión de avanzar no traballo de políticas neste entorno. Creáronse varios grupos de traballo sobre estas cuestións.

Hai que destacar o seu traballo nas medidas de mitigación do uso indebido do DNS, e que moitos rexistradores mostraron disposición para comunicar casos neste sentido. O Grupo de Traballo sobre a Seguridade Pública viu a necesidade de que os gobernos, ICANN e a comunidade traballen en conxunto para combater este uso indebido.

Outro dos puntos nos que se está traballando é na EPDP dos datos de rexistro dos gTLD, co desenvolvemento de políticas para abordar cuestións de diferenza entre persoas físicas e xurídicas, e garantir a exactitude dos datos.  Requisito coherente co Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE. Esta precisión dos datos facilitaría a función da ICANN.

Ademais do tratamento dos datos, tamén se presentou un informe sobre o uso indebido dos DNS relacionados co COVID-19, no que se sinalaron os esforzos dos rexistros e rexistradores neste eido.  O Comité Asesor Gobernamental considera prioritario a creación de capacidades e capacitación da ICANN, novos esforzos para facer fronte o uso indebido do DNS e implemantar o asesoramento existente.

Entre os próximos pasos a ter en conta pola organización están os procedementos de Comentarios Públicos tanto sobre os novos gTLD e a fase 2 do GNSO EPDP. Outro tema a ter en conta é o Reporte Final  do Grupo de Traballo da Comunidade Cruzada sobre os procedementos de subasta dos novos gTLD.Fonte: icann.org

Compartir

Compartir